Project Description
Baiuca

Combina o máis avanzado e vangardista da música electrónica coas raíces máis puras de Galicia. Pode unha caixa de ritmos danzar ao ritmo da muiñeira? Existen puntos común entre un aturuxo e unha sesión de clubbing? Poden os ritmos de antonte soar aos de pasado mañá? Hai espazo para que a música folclórica galega trascenda a territorios máis propios das vangardas musicais?
“As Rías Baixas son o noso Amazonas”. Así o deixa claro este novo proxecto capitaneado por Alejandro Guillán (anteriormente en proxectos como Alex Casanova o The Friendows), onde consigue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica e las raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal.
Un diálogo entre a Galicia de antonte e a de pasado mañá. Iso é o que consigue proxectar a música de BAIUCA, que utiliza samples de instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas, ocarinas…), pero pasado polo filtro dunhas bases que se moven entre o techno, o global bass ou as cavilacións da música house desde una perspectiva tan exploradora e accesible para a pista de baile.
Un reinicio neotradicionalista que mantén o cable á terra nas raíces pero que conecta coas tendencias máis avanzadas da música electrónica: con tanto de reivindicación como de resignificación dos símbolos tradicionais, achegándoo ao contemporáneo.
Tras converter a súa mixtape iniciática “Faiado” (Raso Estudio, 2017) nunha das preferidas da prensa musical (MondoSonoro, Notodo, La Voz de Galicia, Red Bull…) e poñer música ao desfile do deseñador MansoMadrid na Mercedes Benz Fashion Week Madrid en 2018, ve a luz “Solpor” (Raso Estudio, 2018), un álbum que se convertería nun dos mellores para a prensa musical. O disco se reeditou en formato botella de viño con D.O. Ribeiro, vendendo todas as unidades en tan só catro días.
Este 2019, foi o artista invitado para poñer música a la entrega de los Premios da Cultura Galega, e puxo o son a “Misturas” (Raso Estudio, 2019). Un show que vai en absoluta consonancia co que soa; imaxes de campo e de arquivo, cunha Galicia proxectada pero intervida polas tecnoloxías do século XXI.
LINKS DE INTERESE:
https://www.facebook.com/baiucamusic
https://www.instagram.com/baiucamusic
https://www.youtube.com/channel/UCmaEuLsaBcbgAtwxniFhHmw