OS BILBAÍNOS «EL CAPITÁN ELEFANTE» GAÑADORES DO 12º QUEIXO MAQUETÓN

Home/Novas/OS BILBAÍNOS «EL CAPITÁN ELEFANTE» GAÑADORES DO 12º QUEIXO MAQUETÓN

OS BILBAÍNOS «EL CAPITÁN ELEFANTE» GAÑADORES DO 12º QUEIXO MAQUETÓN

O cuarteto de Bilbao El Capitán Elefante, convértese no gañador da 12ª Edición do Queixo Maquetón, relevando no posto aos vigueses Inerttes, nunha edición que chegou a 69 bandas presentadas, chegadas desde gran parte das comunidades do Estado. El Capitán Elefante actuarán o sábado 29 de febreiro ás 21.30 h dentro da 45ª Festa do Queixo, e levarán como PREMIO 1.000 € pola actuación máis 300 € en concepto de desprazamento e estancia na nosa vila.

O xurado, composto por José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso, Salvador García, Director de Emisións & Produción en Radio Vigo Grupo de Comunicación e responsable do Maketón de los 40Vigo, o grupo Inerttes gañadores da 11ª edición e pola cantautora arzuá Aldara Gómez determinou despois dunha longa deliberación que esta banda bilbaína fora finalmente a gañadora desta nova edición.

El Capitán Elefante é o proxecto dunha banda cunha forte personalidade e un directo moi potente. O seu último disco «Electroconfort» afianza ó grupo no seu particular son, a veces máis rock e a veces máis melódico, pero sempre movéndose na estraña atmosfera que crean utilizando pinceladas de sons sintéticos, onde prevalecen estribillos pegadizos e ritmos irresistibles para non parar de bailar, con guiños ó rock máis potente. Un álbum pensado para xente sen prexuizos á hora de escoitar música e tamén para o desfrute dos amantes do panorama power-pop/indie-rock nacional.

Ademais de “Electroconfort”. El Capitán Elefante. teñen publicados dous discos máis «Nuevas Coordenadas» en 2012 e “Un Millón de Hombres” de 2017 xunto co EP «Agoraphobia» de 2015. Compartiron cartel con históricos da música nacional e o seu nome figurou na nómina de artistas en festivais como o Sonoraza Ribera, Ebrofest ou o Basquefest de Bilbao.

Podedes escoitalos en:

https://elcapitanelefante.bandcamp.com/

https://open.spotify.com/artist/0ThpJ466kECUzhOBLe40T2?fbclid=IwAR0mY-hKPUanz9Bp8kCI-Y_wwUPzdJV-RTnhZfxPBCw431jiJvdNTvWLqtk


FINALISTAS 12º QUEIXO MAQUETÓN


EL CAPITÁN ELEFANTE: https://open.spotify.com/artist/0ThpJ466kECUzhOBLe40T2

NOIAH: https://noiah.bandcamp.com/

TREINTAÑERAS CAÑERAS: https://treintanerascaneras.bandcamp.com/

ELMAN BAND: https://keenanmakesmusic.bandcamp.com/

SOULWIDE: https://open.spotify.com/artist/6D14D1ebAuiZc3Pt5DQdLH?nd=1

SYLVAIN WOOLF: https://open.spotify.com/artist/1n1TfBbaZUBQI9bmr9rPj4

HELEN AND SHANNA: https://helenandshanna.bandcamp.com/

SOLARIS: https://solarisband.bandcamp.com/releases

DELARGE: https://delarge.bandcamp.com/

AA MAMÁ: https://open.spotify.com/album/5zYFmOyWx8PuCZQhwmFu0f?si=m6qVewt1Tym6LWJS2nLV2Q&fbclid=IwAR0hl1wufx_ULxdSC75J7w1l_I_38CclsHOVJS8O6keLLyeyN14HqyYoTwQ

SUCKED BODIES: https://suckedbodies.bandcamp.com/album/waiting-silence-ep-demo-2018

SYLVAIN WOOLF: https://open.spotify.com/artist/1n1TfBbaZUBQI9bmr9rPj4

 

GRAZAS A TODOS!

VÉMONOS NO #QUEIXO2020! VÉMONOS EN #ARZÚA!

By | 2020-01-15T19:36:29+00:00 15 enero 2020|Novas|0 Comments

Leave A Comment