’NO CRAFTS’ GAÑA O 10º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

Home/Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas/’NO CRAFTS’ GAÑA O 10º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

’NO CRAFTS’ GAÑA O 10º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

A BANDA MADRILEÑA ’NO CRAFTS’ GAÑA O 10º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’ ENTRE AS 70 BANDAS PARTICIPANTES DE TODA ESPAÑA

O trío madrileño actuará o sábado 3 de marzo ás 21.30 h. dentro da 43ª Festa do Queixo, e levarán como PREMIO 1.000€ + 300€ en concepto de desprazamento e estancia.

O xurado estivo composto por: José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso, Ricardo Alonso de Estudio 3 da Radio Galega, o grupo Delbosque gañadores da 9ª Edición, e a artista arzuá Aldara Gómez. Hoxe luns 15 de xaneiro determinaron despois dunha longa deliberación que esta banda madrileña fora finalmente a gañadora do X aniversario do concurso. O concurso, abría o prazo de inscrición o pasado 15 de novembro e pechouse hoxe 15 de xaneiro.

No Crafts fórmase no verán de 2015, e con só dous anos de actividade conseguiron chamar a atención de prensa e medios tanto nacionais como internacionais. Crean unha mestura de garaxe e rock alternativo cun toque post punk fresco e moi persoal. O grupo formado por Carlos Núñez á voz e a guitarra, Angel Hontecillas ao baixo, sintetizador e coros e Celia Juárez á voz e batería veñen tamén de gañar en maio a primeira edición do concurso de bandas emerxentes do festival Anfirock-Isla Cristina de Sevilla tras impoñerse na final a Telephants e Error 6.

+info: https://nocrafts.bandcamp.com/album/no-arts-no-crafts

FINALISTAS | CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’ 2018| 15/01/18

  • NO CRAFTS

https://nocrafts.bandcamp.com/album/no-arts-no-crafts

  • BLUSA

https://blusa.bandcamp.com/

  • GARRAFUNK

https://garrafunk.bandcamp.com/

  • FOREST AND DOVE

https://forestanddove.bandcamp.com/releases

  • HARAKIRI

https://harakiribanda.bandcamp.com/album/un-d-a-m-s-ep

  • CRAZY MAMA

https://crazymama.bandcamp.com/

  • CINTA ADHESIVA

https://cintaadhesiva.bandcamp.com/

  • RUSTY RIVER

https://rustyriver.bandcamp.com/

  • GALLOS

https://open.spotify.com/artist/2EdJujtXqFculpZVcdBsVU

  • LEMON JUICE

https://lemonjuicefreshband.bandcamp.com/album/red-ep

  • MUSEL

https://musel.bandcamp.com/album/rabu-a

By | 2018-01-15T17:34:36+00:00 15 enero 2018|Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas|0 Comments

Leave A Comment