IMOS DE FEIRA! IMOS A XANTAR 2020!

Home/Novas/IMOS DE FEIRA! IMOS A XANTAR 2020!

IMOS DE FEIRA! IMOS A XANTAR 2020!

O Concello de Arzúa participará desde mañá, 5 de febreiro ata o día 9, en Xantar, a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en España e que terá lugar en Ourense.
 
Alí estará representado o queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa coa presenza da Queixería Barral e cun protagonismo especial o venres, 7 de, onde previsto organizar un Showcooking a cargo da Escola de Hostalaría da EFA Piñeiral de Arzúa
 
E a Festa do Queixo de Arzúa participará no X Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas, co cartel gañador desta 45ª Festa do Queixo, que se celebrará os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo. O cartel titulado “Tradición” é obra do deseñador murciano Rubén Lucas García e gañou en Arzúa o 1º premio.

Aquí podes ler e descargar a nota de prensa completa en PDF
 
Foto: Fb Radio Arzúa
By | 2020-02-04T20:21:16+00:00 4 febrero 2020|Novas|0 Comments

Leave A Comment