10ª EDICIÓN (2018): NO CRAFTS
No Crafts fórmase no verán de 2015, e con só dous anos de actividade conseguiron chamar a atención de prensa e medios tanto nacionais como internacionais. Crean unha mestura de garaxe e rock alternativo cun toque post punk fresco e moi persoal. O grupo formado por Carlos Núñez á voz e a guitarra, Angel Hontecillas ao baixo, sintetizador e coros e Celia Juárez á voz e batería veñen tamén de gañar en maio a primeira edición do concurso de bandas emerxentes do festival Anfirock-Isla Cristina de Sevilla tras impoñerse na final a Telephants e Error 6.
+info: https://nocrafts.bandcamp.com/album/no-arts-no-crafts
Noticias Relacionadas
ABERTO O PRAZO DO CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2024
Arzúa lanza o concurso de grupos noveis “Queixo Maquetón”. O grupo gañador abrirá a Festa do Queixo 2024. Hoxe xoves 7 de decembro o Concello de Arzúa anunciou as bases do 15.º concurso [...]
ABERTO DO PRAZO DO CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2023
Arzúa lanza o concurso de grupos noveis “Queixo Maquetón”. O grupo gañador abrirá a Festa do Queixo 2023. Hoxe venres 18 de novembro o Concello de Arzúa anunciou as bases do 14.º concurso [...]
OS SANTIAGUESES ’SR. SALVAJE’ GAÑAN O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2022
O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 o sábado 5 de marzo ás 12 h tras a inauguración e pregón da 47ª Festa do Queixo, e levarán como premio 1.300 €. O trío de [...]
Anteriores Gañadores
9ª EDICIÓN (2017): DELBOSQUE
Delbosque é unha banda onubense que orbita entre o space rock, o noise e o pop-rock dos 90. Os seus inicios a finais de 2011 como banda instrumental pódense percibir no son intenso e progresivo da súa música, que mestura influenzas diversas, tanto nacionais coma internacionais, dende Los Planetas ou El Hombre Burbuja a Yo La Tengo, Sonic Youth, Luna, Spiritualized ou Radiohead.Desde os inicios da súa andaina a banda participou en numerosos concertos e festivais. En 2015 foron gañadores do Doñana Rock Museum e en 2016 a banda gañaba o primeiro premio de Zafarraya Sound (Granada), entre máis de 40 bandas andaluzas, foi finalista de Grupo Revelación Nacional Contempopránea e agora en 2017 gañan a IX Edición do Queixo Maquetón. Revistas e webs musicais como Rockdelux, Ruta 66, Mondosonoro, El Secreto del Olivo, Loff It (magazine de ABC), Planeta Indie, Alicante Live Music, Mi Rollo es el Indie, Las Calles del Pop, Música Crónica, La Voz Telúrica, El Ukelele, 31 Canciones o El Templete de Mina publicaron acerca da banda. O seu disco autoproducido “Interferencias” aparece entre o mellor do ano 2016 en varias web como son mirolloeselindie, alicantelivemusic.blogspot.com.es ou en lasnotasdelrock.blogspot.com.es
8ª EDICIÓN (2016): TROY
Troy nace en 2006 en Vigo da man do seu vocalista Alex McClure. As súas coidadas composicións e arranxos converten a Troy nunha banda de gran proxección estatal, encadrada no Pop Indie en inglés, comparados frecuentemente con grupos como Nada surf, The Rentals ou Sexy Sadie. Co seu traballo «It´s time to shine» alcanzan a madurez. Baixo a produción de Carlos Hernández (Los Planetas, Triángulo de Amor Bizarro, Pereza, etc) e a colaboración de Paco Serén (Los Piratas) no cortes «Ely» y «Atmosphere», Troy decanta a súa esencia. A potente sección rítmica enmarca oito composicións pop aderezadas con sintetizadores.
troymusicband.bandcamp.com/releases
7ª EDICIÓN (2015): FOO
Gañadores do Concurso ‘Queixo Maquetón’. Aires guitarreiros dos 90, a súa frescura, versatilidade. Transmiten a orixinal mistura de influenzas que se perciben desde o post rock ao rock desenfadado dos 90 con coqueteos co indie actual, pero sen chegar a soar convencional. Ademais, con temas optimistas sen caer en atmósferas pesadas e demasiado pomposas. Augurámoslle percorrido e un extraordinario concerto en Arzúa. Son a lembranza do trepidante ritmo e son eléctrico dos 90. Desenfreo de frescura e variedade nun mundo de cavernas. Son dous irmáns e compañeiros na súa Lleida natal. Os máis de 50 concertos no último ano e medio e a súa marcada actitude no escenario convértenos nunha das bandas con máis proxección do panorama underground.
fooband.bandcamp.com
6ª EDICIÓN (2014): THE WINNING NUMBERS
O grupo da Guarda ‘The Winning Numbers’ foi o gañador da VI Edición do Concurso de Maquetas ‘Queixo Maquetón de Arzúa. Este ano bateu por sexto ano consecutivo todas as marcas de participación, ao presentarse 263 bandas chegadas dende todas as comunidades autónomas do Estado. Son un grupo con claras influenzas pop sixties con referentes claros e tan clásicos como poden ser The Beatles, The Kinks ou The Remains. A banda nace en 2009 e desde ese momento lánzanse a composición sen complexos, tratando de abarcar todos os públicos posibles con temas de calidade, melodías pegadizas e un ritmo desenfreado que invita a bailar. Unha parte esencial para a banda son os seus directos, neles interpretan do xeito máis fiel as súas cancións, resultando un show ameno e divertido, con momentos álxidos, bailables, emotivos, coreables… xunto cunha posta en escena do máis acorde co seu estilo musical.
The Winning Numbers When She Was Sixteen (Video Oficial)
http://www.youtube.com/watch?v=NEq46njWTDk
5ª EDICIÓN (2013): GIMNÁSTICA
Gimnástica nace en Alicante durante o 2012 e esta composta por Juanma (Voz), Lucas (guitarra e coros) Dani (Baixo e coros), Manu (Guitarra) e Elías (Batería). Xorde como consecuencia da evolución dun proxecto anterior chamado Inquiro co que gravaron 2 discos e realizaron preto de 200 concertos. Beben directamente de fontes internacionais como Strokes, Phoenix ou Artic Monkeys sen deixar de lado matices do pop español, combinando arranxos electrónicos con ritmos máis contundentes. En 2012 Ximnástica grava Paracaidismo baixo a produción de Pachi García (Alis) en Alisrecord. Un disco de 10 cortes enérxicos e bailables. Esta á espera de editarse e sairá á venda en 2013, cunha xira de presentación pola xeografía española. O disco contén letras en castelán de diversos temas con tinguiduras viscerais. A pesar de non editar Paracaidismo, actuaron na no Low cost Festival 2012 (Red Bull Tour Bus)
4ª EDICIÓN (2012): BERLINA
Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!
3ª EDICIÓN (2011): ZAPATOTIPOBOTA
Desde Euskadi chegan Zapatotipobota, un proxecto formado por Vallejo, Javi, María e Leta batería de El Inquilino Comunista e We Are Standard e que eles mesmos denominan indietronic con guitarras rockeiras ao estilo Ira Kaplan ou J. Mascis e voz rasgada. Foron finalistas do XXII Villa de Bilbao e andan preparando o seu primeiro traballo.
www.myspace.com/zapatotipobota
2ª EDICIÓN (2010): BELOP
En 2006 empezaron a hablar sobre la idea de crear una banda ya que cada vez que se reunian los temas de conversación derivaban en lo que más les gusta: La música. Así, en Diciembre del 2007 comenzó BELÖP. La banda está formada por Fabio (voz y guitarra), Calia (batería y coros) y David (bajo y coros. Después de cosechar una buena acogida en Internet y de presentarla dentro y fuera de la geografía gallega, hacen un parón después de la temporada estival dedicándose por entero a la composición.Después de un año comienzan en diciembre la pregrabación de 3 temas en calidad maqueta de lo que será su primer trabajo serio “ Dancing with a purple octopus”. Galardonado co Maketón estrella Galicia dos 40 principais como mellor maketa de 2009.
1ª EDICIÓN (2009): ERIC BONAFONTE
Cidadán do mundo, feito a se mesmo, home orquestra e escritor de cancións, o nome de Eric Bonafonte sempre estivo ligado á música. Disolto o seu último grupo, Eric involúcrase nun proxecto absolutamente íntimo. Dá renda solta as súas musas, ou zorras, segundo o caso, para crear unha colección de cancións nas que escribe, toca todos os instrumentos, canta e produce na súa totalidade. A súa idea é facer música sincera, sen artificios, e demostrar ao mundo que dunha habitación de 15 metros cadrados pode saír algo realmente belo que compita coas grandes producións musicais no panorama musical actual. Músicos como David El Indio, Vetusta Morla, ou Juan Francisco Arribas “Kiwi” teñen colaborado no seu proxecto musical.