SÁBADO 29 FEBREIRO, 18 h
4º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
Concerto Punk Infantil con Peter Punk e Brais das Hortas
Espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Brais das Hortas. Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.

DOMINGO 1 MARZO, 11.30 h.
4º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
«Barquiño de Pau» con Tropa de Trapo
Espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel de estraza, tecidos ou paraugas convertidos en medusas.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea… Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.
