9ª EDICIÓN (2017): DELBOSQUE

Delbosque é unha banda onubense que orbita entre o space rock, o noise e o pop-rock dos 90. Os seus inicios a finais de 2011 como banda instrumental pódense percibir no son intenso e progresivo da súa música, que mestura influenzas diversas, tanto nacionais coma internacionais, dende Los Planetas ou El Hombre Burbuja a Yo La Tengo, Sonic Youth, Luna, Spiritualized ou Radiohead.Desde os inicios da súa andaina a banda participou en numerosos concertos e festivais. En 2015 foron gañadores do Doñana Rock Museum e en 2016 a banda gañaba o primeiro premio de Zafarraya Sound (Granada), entre máis de 40 bandas andaluzas, foi finalista de Grupo Revelación Nacional Contempopránea e agora en 2017 gañan a IX Edición do Queixo Maquetón. Revistas e webs musicais como Rockdelux, Ruta 66, Mondosonoro, El Secreto del Olivo, Loff It (magazine de ABC), Planeta Indie, Alicante Live Music, Mi Rollo es el Indie, Las Calles del Pop, Música Crónica, La Voz Telúrica, El Ukelele, 31 Canciones o El Templete de Mina publicaron acerca da banda. O seu disco autoproducido “Interferencias” aparece entre o mellor do ano 2016 en varias web como son mirolloeselindie, alicantelivemusic.blogspot.com.es ou en lasnotasdelrock.blogspot.com.es

Noticias Relacionadas

OS ONUBENSES ‘DELBOSQUE’, GAÑADORES DO 9º QUEIXO MAQUETÓN

23 Enero 2017|0 Comments

A BANDA ONUBENSE ’DELBOSQUE’ GAÑA O 9º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’ ENTRE 44 BANDAS PARTICIPANTES DE TODA ESPAÑA Son unha perfecta asimilación de sons de bandas imprescindibles da historia da música pero cun toque persoal que [...]

BASES 9º QUEIXO MAQUETÓN. ARZÚA 2017

10 Noviembre 2016|0 Comments

PREMIOS O gañador dará un concerto no Festival do Queixo o sábado 4 de marzo de 2017. Ademais, 1.500€ en metálico! (1.000€ en concepto do concerto + 500€ para gastos de desprazamento e estancia). PRAZO [...]

Anteriores Gañadores

8ª EDICIÓN (2016): TROY

Troy nace en 2006 en Vigo da man do seu vocalista Alex McClure. As súas coidadas composicións e arranxos converten a Troy nunha banda de gran proxección estatal, encadrada no Pop Indie en inglés, comparados frecuentemente con grupos como Nada surf, The Rentals ou Sexy Sadie. Co seu traballo “It´s time to shine” alcanzan a madurez. Baixo a produción de Carlos Hernández (Los Planetas, Triángulo de Amor Bizarro, Pereza, etc) e a colaboración de Paco Serén (Los Piratas) no cortes “Ely” y “Atmosphere”, Troy decanta a súa esencia. A potente sección rítmica enmarca oito composicións pop aderezadas con sintetizadores.

troymusicband.bandcamp.com/releases

7ª EDICIÓN (2015): FOO

Gañadores do Concurso ‘Queixo Maquetón’. Aires guitarreiros dos 90, a súa frescura, versatilidade. Transmiten a orixinal mistura de influenzas que se perciben desde o post rock ao rock desenfadado dos 90 con coqueteos co indie actual, pero sen chegar a soar convencional. Ademais, con temas optimistas sen caer en atmósferas pesadas e demasiado pomposas. Augurámoslle percorrido e un extraordinario concerto en Arzúa. Son a lembranza do trepidante ritmo e son eléctrico dos 90. Desenfreo de frescura e variedade nun mundo de cavernas. Son dous irmáns e compañeiros na súa Lleida natal. Os máis de 50 concertos no último ano e medio e a súa marcada actitude no escenario convértenos nunha das bandas con máis proxección do panorama underground.

fooband.bandcamp.com

6ª EDICIÓN (2014): THE WINNING NUMBERS

O grupo da Guarda ‘The Winning Numbers’ foi o gañador da VI Edición do Concurso de Maquetas ‘Queixo Maquetón de Arzúa. Este ano bateu por sexto ano consecutivo todas as marcas de participación, ao presentarse 263 bandas chegadas dende todas as comunidades autónomas do Estado. Son un grupo con claras influenzas pop sixties con referentes claros e tan clásicos como poden ser The Beatles, The Kinks ou The Remains. A banda nace en 2009 e desde ese momento lánzanse a composición sen complexos, tratando de abarcar todos os públicos posibles con temas de calidade, melodías pegadizas e un ritmo desenfreado que invita a bailar. Unha parte esencial para a banda son os seus directos, neles interpretan do xeito máis fiel as súas cancións, resultando un show ameno e divertido, con momentos álxidos, bailables, emotivos, coreables… xunto cunha posta en escena do máis acorde co seu estilo musical.

The Winning Numbers When She Was Sixteen (Video Oficial)
http://www.youtube.com/watch?v=NEq46njWTDk

5ª EDICIÓN (2013): GIMNÁSTICA

Gimnástica nace en Alicante durante o 2012 e esta composta por Juanma (Voz), Lucas (guitarra e coros) Dani (Baixo e coros), Manu (Guitarra) e Elías (Batería). Xorde como consecuencia da evolución dun proxecto anterior chamado Inquiro co que gravaron 2 discos e realizaron preto de 200 concertos. Beben directamente de fontes internacionais como Strokes, Phoenix ou Artic Monkeys sen deixar de lado matices do pop español, combinando arranxos electrónicos con ritmos máis contundentes. En 2012 Ximnástica grava Paracaidismo baixo a produción de Pachi García (Alis) en Alisrecord. Un disco de 10 cortes enérxicos e bailables. Esta á espera de editarse e sairá á venda en 2013, cunha xira de presentación pola xeografía española. O disco contén letras en castelán de diversos temas con tinguiduras viscerais. A pesar de non editar Paracaidismo, actuaron na no Low cost Festival 2012 (Red Bull Tour Bus)

4ª EDICIÓN (2012): BERLINA

Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!

3ª EDICIÓN (2011): ZAPATOTIPOBOTA

Desde Euskadi chegan Zapatotipobota, un proxecto formado por Vallejo, Javi, María e Leta batería de El Inquilino Comunista e We Are Standard e que eles mesmos denominan indietronic con guitarras rockeiras ao estilo Ira Kaplan ou J. Mascis e voz rasgada. Foron finalistas do XXII Villa de Bilbao e andan preparando o seu primeiro traballo.

www.myspace.com/zapatotipobota

2ª EDICIÓN (2010): BELOP

En 2006 empezaron a hablar sobre la idea de crear una banda ya que cada vez que se reunian los temas de conversación derivaban en lo que más les gusta: La música. Así, en Diciembre del 2007 comenzó BELÖP.  La banda está formada por Fabio (voz y guitarra), Calia (batería y coros) y David (bajo y coros. Después de cosechar una buena acogida en Internet y de presentarla dentro y fuera de la geografía gallega, hacen un parón después de la temporada estival dedicándose por entero a la composición.Después de un año comienzan en diciembre la pregrabación de 3 temas en calidad maqueta de lo que será su primer trabajo serio “ Dancing with a purple octopus”. Galardonado co Maketón estrella Galicia dos 40 principais como mellor maketa de 2009.

1ª EDICIÓN (2009): ERIC BONAFONTE

Cidadán do mundo, feito a se mesmo, home orquestra e escritor de cancións, o nome de Eric Bonafonte sempre estivo ligado á música. Disolto o seu último grupo, Eric involúcrase nun proxecto absolutamente íntimo. Dá renda solta as súas musas, ou zorras, segundo o caso, para crear unha colección de cancións nas que escribe, toca todos os instrumentos, canta e produce na súa totalidade. A súa idea é facer música sincera, sen artificios, e demostrar ao mundo que dunha habitación de 15 metros cadrados pode saír algo realmente belo que compita coas grandes producións musicais no panorama musical actual. Músicos como David El Indio, Vetusta Morla, ou Juan Francisco Arribas “Kiwi” teñen colaborado no seu proxecto musical.