Concurso de tapas e petiscos 2019
A programación da fin de semana comezou o venres 8 de marzo de 2019 co 13º concurso de Tapas e Petiscos, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. De 18 a 23.30 h, puidéronse degustar en 23 establecementos de hostalaría de Arzúa as tapas creadas, que participan competindo en calidade, orixinalidade e presentación final.
O ano pasado, “Con queixo pan e viño” de Casa Chelo foi a gañadora do 1º premio. O 2º posto foi para o “trampantojo de cocido con queixo Arzúa-Ulloa”, de Casa Nené, e o 3º para “Hamburguesa con queixo Arzúa-Ulloa” do bar Encontro.
O xurado que percorreu os dez establecementos finalistas estivo constituído polo cociñeiro André Arzúa (A Fábrica de Vilanova, Espazo Gastronómico Abella); Marité Romero, influencer e blogueira de gastronomía en “The Foodie Searcher”; Óscar Miranda, cociñeiro e colaborador de Radio Arzúa; Salomé Beiroa, membro do panel de cata dos queixos galegos, e Óscar Pérez Ramil, secretario-xerente do consello regulador.
Dado o elevado número de locais participantes, foi necesaria unha cata previa. Nesta preselección o xurado formouno o profesorado dos ciclos de panadaría, confeitaría e repostaría e alumnos dos ciclos de Xestión de vendas e espazos comerciais e de actividades comerciais da EFA Piñeiral de Arzúa, acompañados por persoal do consello regulador.
Participantes 2019
Cafetería Chacala
Avda. de Lugo, 133
981500913
Cafetería Ultreia
Avda. de Lugo, 126
626639450
Bar Encontro
Avda. de Lugo, 116
981500603
Café Bar Manolo
Avda. de Lugo, 48
981500214
Café-Bar Luis
Avda. de Lugo, 50
981500201
O Furancho de Santiso
Avda. de Lugo, 9
981501222
La Bodega de José
Avda. de Lugo
637440116
Café Bar Galicia
Avda. de Lugo, 12
683456778
Cafeteria Ameixa 1
Avda. de Lugo, 8
981500484
Cafetería Praza
Avda. de Lugo, 2
981500949
Cafetería Vázquez 2
Avda. de Lugo
981508134
Degustación Vázquez
Rúa Ramón Franco, 70
981508109
Pastelería A Lúa
Rúa Xosé Neira Vilas, 10
981500402
Bar O Filloas
Xosé Neira Vilas 7
645227826
Cafetería Os Casqueiros
Praza de Galiza
981500004
Taberna de Mera
Rúa Calexo
981936814
Casa Nené
Cima do Lugar 3
670784784
Café Teatro
Rúa Alcalde Juán Vidal, 2
607449603
Café Bar Karper
Pai Pardo, 21
981500431
Parrillada Os Casqueiros
Rúa Cado Castro, 10
981500759
Casa de Comidas Chelo
Fraga do Rei, 14
981508248
Restaurante O Gloman
Pro. Ramón Franco, s/n
981500585
Pazo Santa María
O Pazo s/n – Santa María
981500702
Anteriores Gañadores
Gañador 2019

‘Con queixo, pan e viño, faise o camiño’, Casa Chelo
Gañador 2018

‘Carrilleiras de porco con queixo Arzúa-Ulloa’, Casa Chelo
Gañador 2017

‘Queixo a toda costa’, Pulpería Encontro
Gañador 2016

‘Xogo de Tronos’, Pulpería Encontro
Gañador 2015

‘Suspiro de queixo con faísca da matanza’, Café Teatro
Gañador 2014

‘Chío de polo’, Pizzería O Rueiro
Gañador 2013

‘Queixo Pop’, Caf. Ultreia
Gañador 2012

‘Milfollas da nosa terra‘, O Gloman
Gañador 2011

‘Tosta de cabaciña con cebola confeitada, queixo Arzúa-Ulloa e aceite de pirixel’, Casa Chelo
Gañador 2010

‘Saquiños peregrinos’, Ultreia