1º- O orixinal poderá ser de libre formato acoutado a unha medida entre 30x40 e 70x100cm. Cada autor poderá participar co nº de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital.
2º- A obra debe presentarse sen sinatura de autor, que limitará a súa identificación a un lema, e debe acompañarse dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico, así como unha breve explicación da obra e/ou calquera outro dato que o/a autor/a desexe engadir para definir o traballo. A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital –CD/DVD-
3º- O xurado valorará especialmente a creatividade do arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia, o seu impacto visual publicitario e as potencialidades como para a creación de posteriores aplicacións gráficas. Deberá figurar o texto “ARZÚA 37ª FESTA DO QUEIXO, 2, 3 e 4 DE MARZO DE 2012”. Igualmente, os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.
4º- Os orixinais deberán ser enviados antes do 31 de decembro de 2012 á Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo, 33 1º andar 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal)
5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o xoves 12 xaneiro de 2012 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 8 de xaneiro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 12/01/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado.
6º- A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 37ª edición. Todas as pezas recibidas serán expostas ao público do 3 ao 31 de xaneiro na Capela de Madanela. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da 37ª Festa do Queixo.
7º- Os catro orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.
8º- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere e aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.
Logo das valoracións e deliberacións, o xurado concedeu un total de 18 puntos (sobre 21 posibles) e así o 1º premio á peza nº 73 titulada “Iribo” de Ana García Pardo, 39 anos (Arzúa) e deseñadora gráfica e empresaria autónoma. Esta obra será o cartel anunciador da 37ª edición da Festa do Queixo de Arzúa 2012.
Valorouse a sinxeleza e a elegancia tan estilizada da creatividade final, así como a orixinalidade do formato deste cartel. A autora utiliza unha imaxe en silueta da figura da queixeira e sitúa ao queixo como elemento central chamando poderosamente a atención sobre o conxunto. Unha moi orixinal composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño compensado, equilibrado e atractivo no xogo das formas, trazos e cores.
Todos os carteis están expostos ao público do 3 ao 31 de xaneiro na Capela da Madanela (aberta de luns a domingo entre as 19 e as 21h). A cerimonia de entrega de premios incluirase no acto inaugural da edición 2012.
Desde a organización queremos agradecer a gran participación rexistrada nesta 37ª edición. Recibíronse 135 propostas chegadas das catro provincias galegas, do resto do Estado e tamén de Portugal. Este número supón establecer por 3º ano consecutivo a marca histórica do evento e cuadriplicar a media de todas as edicións anteriores.
PEZA Nº: 73. Título Obra: “Iribo”
Autor: Ana García Pardo
Idade/Profesión: 39 anos/Deseñadora gráfica e empresaria autónoma
Procedencia: Arzúa
PEZA Nº: 102
Título Obra: “Braga Roja”
Autor: Laura Velasco Vázquez
Idade/Profesión: 38 anos/Ilustradora e deseñadora
Procedencia: Lugo
PEZA Nº: 110. Título Obra: “Queixomun”
Autor: MªLuisa Mosteiro Vázquez
Idade/Profesión: 22 anos/Estudante
Procedencia: A Mella - Arzúa
Elixido en votación popular o pasado 12 de xaneiro.
PEZA Nº: 91. Título Obra: “Dalinicia”
Autor: Raquel Currás García
Idade/Profesión: 23 anos/Decoradora escenografía
Procedencia: Santiago de Compostela