A BANDA VIGUESA ’INERTTES’ GAÑA O 11º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

Home/Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas/A BANDA VIGUESA ’INERTTES’ GAÑA O 11º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

A BANDA VIGUESA ’INERTTES’ GAÑA O 11º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’

O cuarteto vigués “INERTTES” convértense nos gañadores da 11ª edición do concurso “Queixo Maquetón”, relevando no posto ao trío madrileño No Crafts. Unha edición na que foron 73 as bandas presentadas chegadas dende gran parte das comunidades do Estado. Inerttes actuarán na 44ª Festa do Queixo o sábado 9 de marzo ás 21.30 h. dentro do Festival do Queixo, e levarán como PREMIO 1.000 € pola actuación, máis 300 € en concepto de desprazamento e estancia na nosa vila.

O xurado 2019 estivo composto por José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso, Salvador García, Director de Emisións & Produción en Radio Vigo Grupo de Comunicación e responsable do Maketón de los 40Vigo, o grupo No Crafts gañador da 10ª Edición, e pola artista arzuá Aldara Gómez. Determinaron despois dunha longa deliberación que esta banda viguesa foran finalmente os gañadores desta undécima edición.

Inertes nacen en Vigo a finais de 2004 e sacan o seu primeiro disco en 2008. Este EP “Starpez” permítelles facerse co “Maketón Estrella Galicia” de ese ano e chegar a finais de diversos concursos a nivel estatal, así como formar parte dun recompilatorio de música emerxente de fala hispana editado en Lima (Perú).  En 2012 sacan “Dosmildoce” coa produción de Paco Serén, que lles permite xirar Galicia e expandir a súa música fora da comunidade. Desde entón deciden traballar, por un tempo, co modelo de presentación de videosingles, con temas representativos como “La Clave” ou “Bombones de Cereza” co que gañan o concurso “Primavera do Cine”.

Xa en 2016 a banda trasládase a “Gárate Estudios” en Gipuzkoa para gravar con Paco Serén e Mikel Krutzaga o seu último disco “Zona 16mm” co que comezan unha xira que conta con máis de 30 concertos por toda España e que os confirman como unha das bandas máis potentes do panorama galego e español.

+INFO NO SEU FACEBOOK


FINALISTAS | 11º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’, ARZÚA 2019 | 15/01/19

SUCKED BODIES: https://suckedbodies.bandcamp.com/album/waiting-silence-ep-demo-2018

THE NEW PROJECT: https://thenewprojectband.bandcamp.com/releases

SYLVAIN WOOLF: https://open.spotify.com/artist/1n1TfBbaZUBQI9bmr9rPj4

GUSANO: https://siempregusano.bandcamp.com/releases

TENIENTE CABALLO: https://tenientecaballo.bandcamp.com/

LABS TRAPP: https://labstrapp.bandcamp.com/

ZELTIA: https://zeltia.bandcamp.com/

JUNIOR MACKENZIE: https://open.spotify.com/artist/0jD7HsSxNzzWWhFUOWlrRt

LAVIDA: https://open.spotify.com/artist/01wUAnNaBb8qcaPsRdwlwC?fbclid=IwAR2yKhoaFde6n3Y5smnQuakBgJNP8K24p5DQnCV1YXWAfo1hLjYJ-SDK35A

FEI: https://feirock.bandcamp.com/


#Queixo2019 #Queixeamos?  Vémonos en #Arzúa!

By | 2019-01-15T19:56:17+00:00 15 enero 2019|Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas|0 Comments

Leave A Comment