Dentro da Festa, a programación musical do Festival é un dos eixos centrais. Nesta edición 2010 contamos con Second, «rinôçérôse», Anxo Lorenzo, Mutenrohi, Willy Naves, Bongo Experience y Belöp.
Actuarán o sábado 6, ás 21:30. Campo da Feira
A banda murciana cumpre 12 anos. Foi no ano 1997 cando José Ángel Frutos (vocalista) e Jorge Guirao (guitarra), deciden formar un grupo de Rock para expresar as súas inquietudes musicais. Nando Robles, (baixista), Fran Guirao (batería) e Javi Vox (guitarra/teclados), uníronse progresivamente.
En 2004 gañan a Final Mundial dos GBOB Awards e embárcanse nunha extensa xira acompañada dunha forte campaña de comunicación en todos os medios.
A súa música esperta un gran interese, a cervexa Estrella Levante coloca o single “Invisible” dentro das súas campañas publicitarias; Jorge Sánchez, director da película “La Noche de los Girasoles” elixe “Her diary” para a banda sonora do seu filme; o Real Murcia C.F. pídelles que compoñan o Himno do Centenario. Agora preséntanos “Fracciones de un Segundo”, producido por Carlos Jean (Bunbury, Fangoria, Bebe, Hombres G), o seu último traballo editado a principios de 2009.
Máis información na web de Second
Actuarán o sábado 6, ás 23:30. Campo da Feira
Como un cometa deixando a súa estela no firmamento, «rinôçérôse» ten unha aureola galáctica. Se escoitas as súas cancións non podes esquecelas, pasan a formar parte de ti, parte da experiencia cognoscitiva.
Unha das peculiaridades do grupo é que sempre convidan a participar nos seus albumes a distintos vocalista, aos cales conseguen sacarlles o mellor das súas voces cun enorme talento, é a poderosa razón pola que prestixiosos artistas se prestan ao xogo.
En Futurinô, o disco que presentarán en Arzúa, pódes gozar a Bnann de Infadels en “Head Like A Volcano”, a Mark Gardener de Ride en “Where You From?” e “Week-end Of Sin”, a Ninja (a super enerxética e sexy vocalista de The GO Team!) no single «Time Machine», Luke Paterson de Deaf Stereo cantando “Panic Attack” e “The Heroic Sculpture Of «rinôçérôse»” e a colaboración de dous compatriotas, Anna Muchin da banda indie cobSOn e Jessie Chaton, coñecido polos seu traballo con Justice en «D.A.N.C.E.» e por ser o aloucado líder da banda de glam-rock Fancy.
A «rinôçérôse», gústalle compoñer como unha fusión de moitas artes. En particular, a arte marxinal (Art Brut), coreografías, samples de computadoras e audiovisuais contemporáneos. Un proxecto tan marciano como auditivo, toda unha experiencia para Arzúa 2010.
Máis información en www.rinocerose.com
Actuará o domingo 7, ás 19:00. Campo da Feira
Comeza a tocar a frauta con tan só cinco anos e a gaita aos seis. Desde os doce anos colabora cos grupos tradicionais máis importantes de Galicia como Xabaral, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza desde traballos de investigación e recollida de música tradicional ata gravacións, concertos e xiras por España, Francia EEUU, Inglaterra ou Irlanda.
Como solista e compositor pisou os escenarios dos máis importantes festivais do mundo celta como Lorient, Ortigueira ou o William Kennedy Internacional Festival Piping. Tten realizado xiras por distintos países europeos e americanos, recibindo os máis prezados galardóns do mundo da gaita como o premio Macallan do Festival Intercéltico de Lorient.
Actuará o domingo 7, ás 21:00. Campo da Feira
Mutenrohi, a banda liderada por Xoán Carlos Fasero, continua coa presentación do seu sétimo disco “SETE”, despois duns anos moi intensos, coa publicación do seu disco décimo aniversario en directo “…e van dez”; coa xira conxunta con Cristina Pato nos anos 2006 e 2007 ou a gravación do CD+DVD que leva por título “Misturados”.
Ademais, hai que engadir a súa xira polo Reino Unido ao longo destes tres últimos anos, que os levou a tocar cos míticos Wolfstone en Escocia ou con Supergrass no Solfest.
“Sete” representa a madurez da banda e a fusión definitiva do pop coa música tradicional galega, un paso máis na madurez desta xa clásica formación do folk galego coa que poderemos gozar na Festa do Queixo 2010.
O asturiano Willy Naves, presenta o seu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana. No verán de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio autofinanciado titulado “La Casa de la Playa”, un Ep que tivo unha grande acollida entre a crítica especializada enmarcándoo como un dos grandes Ep´s do pasado ano. Por outra banda, acaba de ser seleccionado pola prestixiosa revista Mondosonoro para actuar nas súas Fiestas Demoscópicas, onde amosan o seu directo as bandas españolas máis prometedoras.
Dende Vilanova i la Geltrú chegan Bongo Experience, semifinalistas no pasado ano e que nesta segunda edición regresan á final cun estilo enérxico, bailable, moderno e innovador. Foron gañadores do concurso nacional de músicos amateur no 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e recentemente elixidos como grupo revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador.
Si o pasado ano eran os vigueses Maryland, este ano a representación galega no Queixo Maquetón volve dende a cidade Olívica con Belöp. Este Trío chega á final despois de ter unha boa acollida en Internet e presentar a súa música dentro e fóra de Galicia, gravando en maqueta tres temas que formarán parte do seu primeiro disco, acadando ademais o premio de mellor maqueta do ano 2009 no prestixioso certame Maketón Estrella Galicia dos 40 Principales.