A FESTA DO QUEIXO -FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO- leva celebrándose de xeito ininterrompido desde 1975 durante a primeira fin de semana de marzo, data na que, ademais pór en valor este produto tan ligado á nosa gastronomía, realízanse diversas e variadas actividades artísticas, culturais e lúdicas, con especial atención á feira coa exposición de queixerías. Igualmente, nos últimos anos adquire gran relevancia o Festival do queixo, evento musical e cultural que no se desenvolven distintos concertos, sempre incluídos no programa de actividades da festa, que conta con gran poder de convocatoria pola calidade dos grupos e solistas que acoden cada ano a Arzúa.
Prográmanse de actividades de carácter cultural e de aprendizaxe, como exposicións, intervencións artísticas (iniciado graffiti), obradoiros de elaboración de queixo ou obradoiros de formación infantil Actualmente, contémplase unha programación para crianzas e mocidade xunto coa realización de actividades artísticas, únense á exaltación da gastronomía arredor do queixo.
Estes aspectos afectan de xeito xeral á festa do queixo e en particular aos obxetivos que, a corto, medio e longo prazo sería convinte marcar cara ao desenvolvemento desta e próximas edicións, como reflexo da actividade propia de Arzúa e das súas potencialidades a nivel integral. Na pasada edición, 2009, presentouse un programa que pretende ser integrador dos obxectivos actuais e aproximador dos obxectivos e bases de actuación cara o futuro.